O noso director

David Pérez Trigo nace en Moaña no ano 1985. Comeza os seus estudios musicais á idade de 8 anos, no seo da banda de música Airiños do Morrazo. Prosegue os seus estudios  nos Conservatorios de Música do Morrazo, Profesional de Música de Vigo, e Conservatorio Superior de Música de Vigo, onde remata os seus estudos superiores de clarinete coa calificación de Matrícula de Honra. No ano 2019 remata os seus Estudos Superiores de Dirección de Orquesta no Conservatorio Superior de Música de A Coruña co mestre Fernando Briones.


Como clarinetista realizou numerosos cursos de perfeccionamento e master-classes con Walter Boykens, Eric Hoeprich, Vicente Alberola (Clarinete solista da Orquesta Sinfónica de Madrid), Radovan Cavallin (Solista da Orquesta Filarmónica de Gran Canaria e profesor no Conservatorio Superior de Música de Las Palmas de Gran Canaria), Jakub Bokun (Profesor na Wrocław Academy of Music), Justo Sanz (Catedrático do Real Conservatorio Superior de Música de Madrid e solista da Orquesta da Comunidade de Madrid), Hedwing Swimberghe (Clarinete solista da Orquesta da Radio Flamenca de Bruselas e profesor do Real Conservatorio de Bruselas), Dominique Vidal (Profesor da Escola Superior de Música de Madrid), Joan Enric Lluna (Profesor de clarinete na ESMUC e no Trinity College of Music), Antonio Salguero (Profesor no CSM de Sevilla e no Royal Northern College of Music Manchester), Florent Héau(Profesor no CNR de París), Arno Piters (Clarinete solista da Royal Concergebouw), Jose Luís Estellés (Profesor de clarinete no Musikene e noRotterdams Conservarorium), Beatriz López (Clarinete Solista da Real Filarmonía de Galicia), Reinhard Wieser (Clarinete solista da Vienna Symphony  Orchestra), Carlos Gálvez (Clarinete Baixo) e Kari Krikku. Ademáis asistiu a clases cos mestres Asterio Leiva, Felipe González, José Puyana e Rubén Collarte.


É membro das bandas Airiños do Morrazo de Moaña, Banda de Música de Pontevedra, membro fundador da Orquesta de Jazz do Morrazo, do cuarteto de clarinetes Quórum Klar e a orquesta XOVIGO. Asi mesmo, colaborou con agrupacións como a Banda Filarmónica de Galicia, Banda Sinfónica da Federación Galega de bandas populares de Galicia, coro de cámara Camerata Ad Libitum, Orquestra Gaos, Real Filarmonía de Galicia e Orquesta da Escola de Altos Estudios Musicais de Galicia e no ano 2008,participou no II Encontro da Orquestra dos Conservatorios Superiores de Galicia. No ano 2012 , foi invitado pola Real Filarmonía de Galicia para interpretar o Concerto en Mib de Carl María von Weber, nun ciclo de concertos didácticos que tiveron lugar no Auditorio de Galicia, baixo a batuta de Maximino Zumalave. 


No ámbito da dirección de banda, orquestra e conxunto instrumental recibe clases dos mestres Alfredo Sánchez e Javier Viceiro, así como cursos e master-classes da man de directores como Jan Van der Roost, José Pascual-Villaplana(director da Orquesta Sinfónica de Albacete y profesor de Dirección de Banda en la ECM “Vall d’Albaida), Francisco Navarro Lara(director da Banda Municipal de Música e a Orquesta Sinfónica de Huelva), Jan Cober(profesor de Dirección de Banda do Conservatorio de Maastricht e do Instituto Europeo Bandístico de Trento) e Marcel Van Bree (director da banda de Musica Municipal de A Coruña). Respecto a dirección coral recibiu clases dos mestres Javier Busto e Xavi Pastrana.

Foi director da banda e da escola de música da Agrupación Musical de Goián dende o ano 2009 ate o 2012 e dende o ano 2014 ata o 2022, director da Banda de Música Cultural de Mondariz. Asímesmo, tamén estivo de asistente da Banda de Música de Pontevedra dende o 2013 ata o 2016, ano no que remata os seus estudios de dirección de banda na AEDB en Forno de Algodres (Portugal), cos mestres Javier Viceiro, André Granjo, Jan Cober, Jean-Sebastien Bereau e Toni Cantal.

 Na actualidade é director da Banda de música Airiños do Morrazo de Moaña e profesor de vento madeira na Escola Municipal de Música de Mondariz.